Sábados na mocidade, ocio alternativo en Allariz

La Voz OURENSE

ALLARIZ

Santi M. Amil

Este mes haberá un curso de maxia e ilusionismo

04 feb 2020 . Actualizado a las 15:42 h.

Os mozos de Allariz teñen unha oferta do ocio alternativo que lles permitirá gozar durante varios sábados de actividades como a maxia, a fotografía ou o cinema. As actividades serán na Casa da Mocidade. Este mes haberá un curso de maxia e ilusionismo. Será os días 15 e 22, polas mañás, con prezos de dez euros (seis para parados e estudantes). O 29, ás 19.30 horas, haberá unha charla sobre a endometriose. En marzo (días 15 e 22) haberá un obradoiro de fotografía. Os 21 e 28, a proposta é de «parkour», trepar e saltar por recunchos da vila. Xa metidos na Semana Santa, o cinema colle a remuda, cos filmes «Camilo, o último guerrilleiro de Galicia» e «Black is Beltza».