Encontro cos autores e feria no «Allariz debuxado»

La Voz

ALLARIZ

Santi M. Amil

As citas son na Praza de Abaixo e na Fundación Risco

01 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Dende as 11.00 horas • Fundación Vicente Risco e Praza de Abaixo • Allariz • Segunda e última xornada do Allariz debuxado 2020. Con dous espazos de referencia: a Praza de Abaixo -se chove trasladarase ao Museo do Coiro- e a Fundación Vicente Risco.

 

Na Praza de Abaixo celebrarase a terceira edición da Feira da Creación. Está prevista a participación de trinta expositores. O horario da feria é ininterrumpido: de 11.00 a 20.00 horas. En caso de mal tempo a Feira da Creación trasladarase ás instalacións do Museo do Coiro.

Na Fundación Risco comezarán ás actividades ás 11.45 horas, momento no que se presentará a novela gráfica «Grandarroiba», de Cristian F. Caruncho. Ás 12.30 horas haberá micropresentacións a cargo de artistas emerxentes. Ao longo da mañá, entre 11.45 e 13.30 horas, asinarán as súas obras o autores participantes no festival.

Os encontros cos autores pecharanse coa intervención de Manuel Cráneo sobre Demo editorial (17.00 horas).