A ollada feminisata de Habelas Hainas chegará ao Poemagosto

O festival de poesía, música e magosto comeza esta tarde na vila de Allariz


Días 11, 12 e 13 • Diferentes horarios e espazos • Allariz • A vila alaricana enceta unha nova edición do Poemagosto e contará para o concerto central deste 2019 cun grupo compostelán que se ten significado cun proxecto que mestura música e feminismo: Habelas Hainas. Arantza Alfaia, Patricia Gamallo, Jara Ortiz e Sandra Tamayo son as artistas que compoñen unha proposta artística que se define dun xeito rexo: «Habelas hainas somos todas as mulleres silenciadas e invisibilizadas». A declaración de principios figura no seu disco «Livres e loucas», primeira entrega dunha formación que leva apostando pola música de raíz galega dende que comezou a súa andaina alá polo ano 2010.

Cunha ampla experiencia como músicas ao vivo, Arantza, Patricia, Jara e Sandra apostaron no seu día por unir esforzos e coñecementos de anos no mundo da música tradicional para desenvolver unha proposta que se ten convertido nun exemplo do panorama do novo folk galego. O concerto de Habelas Hainas será mañá, día 12, a partir das 22.30 horas no patio do Museo do Coiro de Allariz (6 euros en anticipada e 7 o día da actuación). Logo do grupo compostelán comezará unha festa musical.

O Poemagosto, o Festival Internacional de Poesía en Allariz, comeza as súas actividades esta tarde.

Poesía e circo para abrir

No café A Fábrica estarán, 19.00 horas, os poetas Rosa Silverio (República Dominicana) e Raúl de Tapia (Salamanca). Media hora despois Duende Circo ofrecerá un espectáculo que mistura circo, clown, maxia e música. Na festa de inauguración, 20.30 horas, recitarán María Lado e Lois Pérez.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A ollada feminisata de Habelas Hainas chegará ao Poemagosto