Clara de Asís: lectura do verán


Olibro de verán debe ser curto, cómodo de ler e con propostas de sentido común para a vida. Este é o libro que lles ofrezo: 15 días con Clara de Asís, que atoparemos na editorial Ciudad Nueva. A súa autora é Marie-France Becker, unha clarisa do convento de Malonne en Bélxica. Imbuída do carisma da súa fundadora, colabora na tradución dos escritos da Santa e expande a súa espiritualidade nas convivencias e nos retiros cos máis novos. En Ourense temos dous conventos de Madres Clarisas: un, en Allariz e outro, en Vilar das Tres. A festa de santa Clara celébrase o día 11 de agosto.

A vida de Clara, filla da nobreza de Asís, está marcada por unha profunda amizade con Xesucristo pobre e crucificado, seguindo os pasos de Francisco de Asís. A súa vida reflexa unha dobre fidelidade: a Francisco, por unha banda, e á Dama Pobreza, por outra. É por iso que ás clarisas chámanse tamén as Damas dos Pobres de San Damián.

Clara escribe a primeira regra conventual para mulleres. É un feito histórico, sorprendente polo seu realismo, polo seu sentido democrático a hora de tomar decisións no convento, e pola súa liberdade á hora de guiar ás súas monxas.

Nos nosos dias, da man de Clara, podemos facer unha viaxe ao noso interior acompañados dunha muller da que nos separan oito séculos de historia (1193 ? 1253). Con Clara podemos abordar a experiencia da súa comuñón coa irmá pobreza; podemos deixarnos transformar polo amor de un Deus, que deu a súa vida por nós, morrendo na cruz, e podemos degustar a beleza da vida cotiá. E todo iso ao longo de 15 breves reflexións baseadas na vida da Santa. E nada máis ... Que o lector descubra os tesouros que a vida ordinaria de Clara amosa no amor e na doazón aos máis necesitados, especialmente aos máis pobres. Feliz verán!

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Clara de Asís: lectura do verán