«Ver que o público aprecia o que eu fago motívame para continuar e ser máis boa»

A azoriana Vânia Dilac actuará coa Fundación Brasileira hoxe en Allariz


Ourense

As festas na vila de Allariz rematan hoxe. Haberá procesión e misa solemne, como tódolos anos. Ao rematar, a Banda Filarmónica Fundaçao Brasileira das Açores actuará acompañada de Vânia Dilac, finalista do programa portugués La Voz.

-Cómo chega a actuar na vila de Allariz?

-Hai uns anos que traballo coa Fundación Brasileira. Despois de falar con Lázaro, decidimos integrar ambos proxectos, pois eles non querían presentar só un concerto instrumental. A eles gustáballes a idea de ter unha voz detrás da banda nalgúns eventos. Entonces Lázaro pensou en min e eu aceptei porque me permitía crecer como cantora e ofrecer un repertorio totalmente diferente do que eu acostumo a facer coa miña banda.

-A súa música traspasa fronteira, sae de Portugal cara outros países. Que significa ese apoio para vostede?

-Para min é superar barreiras que se me poñen no camiño. Eu facía música en Portugal e especialmente nas Azores, que é un lugar moi pequeno. Poder ir e coñecer outras realidades e culturas, e ademais ver que o público aprecia o que eu fago motívame para continuar e ser máis boa.

-Como se inicia a súa relación coa música?

-Dende os cinco anos. Para empezar, eu crecín nunha casa onde había moita música, o meu pai tocaba a guitarra. Despois comezamos a visitar a igrexa evanxélica e eu cantaba góspel, e tamén en coros. Logo eu saía un pouco máis e actuaba en restaurantes. A medida que as cousas foron crecendo, conseguín conquistar outro tipo de públicos. E agora fago concertos que me enchen o corazón.

-Se poidese elexir a calquera persoa para compartir escenario, quen sería?

-A min gustábame moito o que cantaba Prince. Para min el non era só un cantor, era un músico expléndido.

-Que temas formarán parte do repertorio de hoxe?

-Coa fundación Brasileira presentarei música portuguesa, moito fado. Tamén cantarei nun primeiro rexistro con influencia do blues, do soul, e do fado. Despois vou a presentar un ou dous temas orixinais coa miña propia banda.

-Hai algún concerto máis programado para este verán?

-Nos non temos parado até agora. Fumos aos Estados Unidos e despois a Canadá. Agora ao regresar de Allariz, teño programado un concerto en Illa do Pico.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Ver que o público aprecia o que eu fago motívame para continuar e ser máis boa»