Allariz despide a Festa do Boi cunha carreira e o maratón

La Voz

ALLARIZ

Agostiño Iglesias

O traslado do Xan de Arzúa ata a Casa do Boi realizarase na compaña da charanga Equipo B

23 jun 2019 . Actualizado a las 09:15 h.

Hoxe • A partir das 13.00 horas • Allariz • A vila remata os nove días de actividades da Festa do Boi e faino cunha xornada chea de animación e con dúas citas salientables: a carreira da mañá e o maratón que está previsto para a tarde.

No derradeiro día do Boi 2019 as actividades comezarán ás 13.00 horas. Será daquela cando a animación comece a encher as rúas cos sons da charanga Sugarri e a treboada dos Zés Pereiras. A cita coas carreiras da festa de Allariz chegará media hora máis tarde, xa que para as 13.30 horas está prevista a carreira do boi. Logo de repoñer forzas, xantar e descansar volverá a animación. Será ás seis, con Sugarri, Zés Pereiras e O Equipo B. O maratón do boi comezará ás 19.30 horas e será a última oportunidade para correr co animal. Unha hora despois o Xan de Arzúa trasladarase á Casa do Boi na compaña da charanga O Equipo B.