Encontro para debater e darlle ritmo ao 8 de marzo

r.e. / la voz

ALLARIZ

MARTINA MISER

O auditorio de Vilagarcía será testemuña, o sábado, dunha asemblea aberta de Mulleres Galegas 8M

07 feb 2019 . Actualizado a las 20:33 h.

O auditorio de Vilagarcía será testemuña, o sábado, dunha asemblea aberta de Mulleres Galegas 8M. O encontro forma parte da rolda de reunións que se están a manter en toda Galicia para organizar os actos de comezo de marzo. Xa houbo encontros en lugares como Allariz ou Chantada, e agora o movemento toca en Arousa. Na cita ultimaranse os preparativos para a gran manifestación central deste ano, que terá lugar en Lugo o día 3 do mes que vén. E tamén para darlle forma a todos os actos que, xa o 8, e coincidindo coa folga de mulleres, se van desenvolver en Vilagarcía e noutras localidades da contorna. A esta asemblea aberta están convidadas todas aquelas mulleres que queiran sumarse á mesma, sexan do lugar que sexan.

Sábado 9 • A partir das 11 horas • Auditorio de Vilagarcía •