«Allariz é moi especial gastronomicamente»

e


As sextas xornadas de carne de boi de Allariz viven a súa segunda fin de semana de apoxeo na vila do Arnoia, convertida no epicentro gastronómico da provincia pola exaltación dun produto diferente e que non se atopa facilmente, como nos di Eduardo González, cociñeiro do Restaurante Boigorri (Rúa do Portelo, 12), un establecemento que leva arredor de medio ano na vila e que participa por primeira vez nestas xornadas.

Son máis de vinte restaurantes e taperías de Allariz en total os que ofrecen menús e tapas con carne de boi ata o vindeiro 15 de outubro no marco destas xornadas. «Nós levamos poucos meses abertos en Allariz. Queríamos facer algo diferente, un pincho que cremos que vai saír moi ben e algún prato fora de carta que vamos improvisando; se se nos ocorre e está bo, adiante», adianta o cociñeiro Eduardo González Fernández (Ourense, 1994).

-Que elixiron para presentar ao concurso de tapas?

-No pincho queríamos traballar moito os sabores do boi e que os notase ben a xente. Quixemos traballar a lingua, algo que consideramos moi rico e que ten un sabor diferente. A nós nos encanta, é potente pero moi saborosa. Tamén traballamos con carne de agulla, jarrete...

-Como elaboran o chuletón, cunha preparación tradicional?

-Elaboramos o chuletón ao estilo das sidrerías en Euskadi, con carbón de calidade, utilizando ben o sal e sabendo ben os puntos da carne. Quizais é algo simple pero ten a súa ciencia.

-Que ten esta carne de especial?

-O particular do boi, ademais de que é moi difícil de atopar, é que é unha carne diferente. É suave, pero cun sabor especial que non se atopa noutras carnes. Para un cociñeiro é moi interesante. Depende da peza que traballas é distinto. Non é como traballar con vaca. Quixemos meter o carpaccio, no se da carne crúa, cortada moi fina, para que a xente vexa como sabe o boi de Allariz. Este é un produto moi bo e dá gusto traballalo. Non sempre tes a oportunidade de cociñar tantas pezas de boi.

-As carnes están moi presentes na súa carta?

-Si. Na nosa carta as carnes teñen que ser de primeira calidade, se non no as damos. Ten que ter unha boa graxa infiltrada e vir duns animais que estean correctamente coidados e ben alimentados. E o boi de Allariz

-Esperan que a xente goce de todas as pezas ou algunhas teñen prezos algo elevados?

-Quen queira probar pode empezar cunha empeza algo máis barata, pero creo que van apreciar que é unha carne especial que só se pode atopar nesta época do ano aquí.

-Que tal coa xente nestes primeiros meses co restaurante ?

-A resposta está sendo boa. Non tivemos problemas. Ao principio, foi un pouco lío para saber por onde ir, pero pouco a pouco xa sabemos que pratos queremos ir metendo e evolucionado. E a xente está contenta.

-Por que elixiron Allariz para abrir este restaurante?

-A min reclutáronme como cociñeiro. Allariz é moi especial gastronomicamente. Hai unha competencia boa, a xente cociña ben, todos os restaurantes teñen boa calidade. Hai moita xente que ven de fora, esa cultura do norte, de Euskadi, que está presente e que lle dá un plus aos restaurantes de aquí. A min ilusionoume o proxecto porque Allariz é un sitio dos máis bonitos da provincia. Estou contentísimo, pódese traballar libremente e á xente gústalle probar as cousas novas e aprecia tamén as clásicas ben feitas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

«Allariz é moi especial gastronomicamente»