Xabier Varela recrea escenarios e personaxes de «O porco de pé»

La Voz

ALLARIZ

MIGUEL VILLAR

A exposición do artista alaricano pode visitarse na Fundación Vicente Risco de Allariz

21 oct 2017 . Actualizado a las 20:26 h.

Ata 26 de novembro • Fundación Vicente Risco (Allariz) • Fins de semana (para concertar visitas pola semana chamar ao 626 00 20 19) • Ata o 26 de novembro, pode visitarse en Allariz a mostra de Xabier Varela formada por retratos inspirados polos principais personaxes da obra «O porcó de pé», de Vicente Risco. A novela satírica, editada en 1928, céntrase na vida cotidiá dunha vila da provincia a comezos do século XX. O autor, como xa fixera en «Do caso que lle aconteceu ó doutor Alveiros», describe o ambiente e os personaxes singulares da vila. Os protagonistas e os espazos nos que se desenvolve a obra aparecen refrexados na mostra. Xabier Varela elaborou os retratos dos mesmos e fixo unha intervención na zona expositiva da fundación, con mobiliario seleccionado para o proxecto, para recrear escenarios e ambientes da novela.