O Poemagosto de Allariz amplíase a tres xornadas dedicadas á poesía

O Festival Internacional celebrarase os días 13,14 e 15 de outubro


ourense / la voz

O Poemagosto, ou Festival Internacional de Poesía de Allariz, celebrará a súa cuarta edición os días 13, 14 e 15 de outubro. O evento pasa dunha a tres xornadas dedicadas á poesía, á música e á cultura en xeral. Está organizado pola libraría Aira das Letras e pola Fundación Vicente Risco. Precisamente na sé desta última institución cultural, en Allariz, celebrarase o sábado 14 unha comida de irmandade que ten a finalidade de fomentar a convivencia entre o público que asista ao festival e os poetas e artistas que actúan nel.

No patio da fundación ofreceranse petiscos de calidade e unha sobremesa especial elaborada pola reposteira alaricana Fina Rey. A doazón para participar nesta comida é de dez euros, informan os organizadores, e hai que inscribirse previamente na secretaría da fundación.

Na libraría Aira das Letras véndense as entradas para os concertos. Na programación figuran nomes como Antía Otero, Yolanda Castaño, Vanesa Glemsel, Luis Pastor, Folkólicos, A Compañía do Ruído e Raiba. Antía Otero, Yolanda Castaño e Luis Pastor darán un concerto na zona do Festival de Xardíns o venres 13, onde haberá unha carpa, e as entradas custan dez euros. 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Poemagosto de Allariz amplíase a tres xornadas dedicadas á poesía