A Noite Meiga e as celebracións do Samaín enchen de actividades toda a provincia de Ourense

La Voz

ALLARIZ

Miguel Villar

Ribadavia, A Rúa y Allariz, tres citas imprescindibles

29 oct 2016 . Actualizado a las 12:39 h.

Hoxe • Ribadavia (a partir das 17.00 horas) • A Rúa (17.30 horas) • Allariz (19.30 horas • A capital do Ribeiro vivirá de novo a súa noite máis animada. Ribadavia celebra a Noite Meiga e dende as 17.00 horas, e ata a madrugada -o concerto de fin de festa comezará ás 01.00 horas-, haberá actividades e propostas lúdicas por toda a vila. Ás 17.00 horas abre o Mercadiño Meigo de Artesanía na Praza Maior e de 17.30 a 19.30 horas haberá Baile de Feiticeiros no Club Artístico -para rapaces-. Entre outras actividades, a Noite Meiga de Ribadavia inclúe un desfile animado no que participarán dende a Santa Compaña aos Tabaleiros da Istoria -sae ás 20.00 horas da ponte de San Francisco-, a demandada Pasaxe do Terror -de 22.00 a 01.00 horas. 4 euros a entrada), os aquelarres na Praza da Oliveira (23.00 horas), as actuacións e o concerto fin de festa e o fotomatón (no Club Artístico de Ribadavia a partir das 01.00 horas). En Allariz, tamén se festexa o Samaín estes tres vindeiros días. Para hoxe, a programación de Allariz de medo inclúe a Pasaxe do Terror, por varias rúas do casco vello entre as 19.30 e as 21.30 horas e o Muíño do Terror, entre as 22.30 e as 23.30 horas, con pases para adultos cada vinte minutos. Na Rúa de Valdeorras a actividade do Samaín está dirixida aos más cativos, cunha xornada de xogos, obradoiros e maquillaxe na biblioteca municipal. Comezará ás 17.30 horas, e non faltará tampouco a música nin o baile. Ayer, los niños de Barbadás celebraron una procesión de ánimas