«Os gandeiros aforrarán costes sanitarios»

Fina Ulloa
Fina Ulloa OURENSE

ALLARIZ

SANTI M. AMIL

Entrevista | Víctor Otero TÉCNICO DA ASOCIACIÓN DE CRIADORES DE OVINO E CABRÚN DE GALICIA

16 ene 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

? Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica) iniciou onte, en Xinzo e Celanova, unha rolda de contactos entre os productores ourensáns para crear unha nova sociedade de caracter sanitario para este tipo de cabaña gandeira. -¿Cal é o obxectivo desta nova asociación? -O que se pretende é mellorar e elevar o nivel sanitario das explotación, mediante programas de profilaxes, loita contra enfermidades animais e mellora das condicións hixiénicas, que tamén mellorará o nivel productivo dos rebaños. En realidade non é novedoso, porque levan tempo funcionando no sector vacún, porcino e de aves, pero no noso só había dúas asociacións que funcionaban a nivel local, e moi limitado, aquí en Ourense, unha en Vilariño de Conso e outra na zona de Allariz, Baños de Molgas e Maceda. A normativa non permitía máis que crealas concello a concello. Ahora será provincial. -¿E cal será a diferencia? -Na Asociación de Defensa Sanitaria, que é como se chamará, teñen cabida todas as explotacións da provincia, inda que non sexan socias de Ovica. Haberá un veterinario responsable, especializado neste tipo de gando, e adicado a tempo total ao coidado das explotacións que estén dentro da asociación. Fará un mínimo de catro visitas anuais a cada unha, control das enfermidades de rebaño, e tamén de parásitos e patoloxías infecciosas. Terán rebaixas na compra de medicamentos, porque o facelo conxunto pódese conseguir mellor prezo, igual que para facer analíticas en laboratorios tanto privados como da administración. -¿Como están a respostar os gandeiros ourensáns? -De momento moi ben. Ourense é unha provincia concienciada neste sentido. Non hai máis que lebrar que o 80% dos membros de Ovica son ourensáns, que son tamén os que teñen os rebaños máis grandes e que a maior parte da producción sae de aquí.