A Veiga recopilará nunha web información sobre casas dispoñibles

La Voz

A VEIGA

LOLITA VAZQUEZ

Incluirá información do rexistro público de vivendas baleiras da Xunta de Galicia

25 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de A Veiga está levando a cabo a creación dunha páxina web para mellorar a información existente de vivendas en venda ou arrendamento, construtores e profesionais de servizos complementarios do sector da construción e da rehabilitación. Esta web incluirá información do rexistro público de vivendas baleiras da Xunta de Galicia e do rexistro de particulares que se inscriban no Concello de A Veiga.