«Paraíso natural», actividades nas Montañas de Trevinca

La Voz

A VEIGA

Alberte Paz Garza

O teito de Galicia ofrecerá durante todo o ano propostas para facer de A Veiga un referente turístico

12 abr 2019 . Actualizado a las 19:35 h.

Todo o ano • Unha actividade por mes • Montañas de Trevinca (A Veiga) • As Montañas de Trevinca son o teito de Galicia e un espazo que se quere dar a coñecer cun programa de actividades que se desenvolverá ao longo de todo o ano. O obxectivo é ofrecer un turismo de montaña de calidade «con xente formada e con persoas que aman a natureza». O programa «Paraíso natural» ofrecerá todos os meses unha actividade e propostas como raquetas de neve, ruta ornitolóxica, alpinismo, a berrea dos cervos ou contacto directo ca fauna serán propostas do programa. «Actividades en definitiva que non se poden realizar en ningún outro territorio», sinalou o alcalde da Veiga, Juan Anta. O rexedor presentou o programa na Deputación xunto ao vicepresidente, Rosendo Fernández, e Antonio González e Juan Lorenzo, presidente e vogal do Club Montañas de Trevinca. Anta dixo que o obxectivo é que «por historia e por xustiza sexamos o referente do turismo sostible de Galicia».