Un home de 84 anos sufre queimaduras graves ao caer sobre unha fogueira de rastroxos na Rúa

La Voz OURENSE

A RÚA

Tivo que ser trasladado ao hospital da Coruña no helicóptero medicalizado de Urxencias Médicas

15 feb 2019 . Actualizado a las 20:36 h.

Un home de 84 anos tivo que ser evacuado esta tarde en helicóptero medicalizado ata o hospital da Coruña, logo de sofrer queimaduras graves cando estaba queimando rastroxos de viñas na Rúa de Valdeorras. O CAE 112 foi quen deu o aviso, alertado por outros veciños que viron o que ocorría, aí polas catro da tarde deste venres. O ferido foi trasladado pola aeronave medicalizada con base en Ourense. Previamente tamén se desprazara unha ambulancia. Desde o 112 solicitouse a colaboración da Policía Local e de Protección Civil da Rúa. O afectado estaba queimando rastroxos nunha viña cerca do río e da vía do tren, precisaron desde a Policía Local.