Seis obras subirán a escena nas xornadas de teatro da Ruada na Rúa

La Voz

A RÚA

A Ruada en una foto de archivo, con Tito Macías a la izquierda
A Ruada en una foto de archivo, con Tito Macías a la izquierda LOLITA VÁZQUEZ

A segunda función será o domingo 25 ás seis da tarde

19 nov 2018 . Actualizado a las 16:29 h.

Desde o domingo ata o 30 de decembro • Centro Cultural Avenida de A Rúa • 18.00 horas • 3 euros por función • A Ruada levanta este domingo o telón das xornadas de teatro, que terán como escenario o centro cultural Avenida da Rúa. Son seis as obras que compoñen o cartel desta novena edición, que será tamén un memorial a Tito Macías, un membro de A Ruada falecido meses atrás.

 

O programa empezou o día 18 con Candea de Viana do Bolo, que representa as obras «O diñeiro o mellor compañeiro» e «Os de Vilachá». Unha semana despois será o momento do grupo portugués Tef Chaves coa obra «Triada do Faustino». Ademais, ese día actuará o grupo de música tradicional Abertal e o coro; nunha xornada na que a recadación irá a beneficio de Cruz Vermella.

O domingo 2 de decembro subirá a escena Augas do Sil con «Un día nas portas do ceo»; mentres que o día 8 será o momento de Mari Calvo e os seus monólogos, que estará acompañada de Moncho e Manolo, de A Ruada. Para o día 16 está prevista a actuación de Namarella Teatro con «Espérame en el cielo». Cerrará A Ruada o 30 de decembro con «A Boda do esganarello».