A poesía cítase na Rúa

La Voz

A RÚA

Lolita Vázquez

O Encontro de Poetas na Coroa cumpriu 10 anos

08 abr 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Encontros de Poetas na Coroa cumpriu 10 anos e fíxoo cunha proposta diferente, xa que o recital non se celebrou co público sentado en cadeiras, como viña sendo habitual. Desta volta os primeiros versos poidéronse escoitar na cova da adega A Coroa, na Rúa de Valdeorras, para despois continuar ao aire libre, xa co público sentado en pacas de herba seca.