Chega á Rúa a exposición sobre Florencio Delgado Gurriarán

La Voz O BARCO / LA VOZ

A RÚA

O alcalde, Luis Fernández; a curadora da exposición, Debora Álvarez; e o edil de cultura, Avelino Fernández; presentaron «As Letras de Florencio»
O alcalde, Luis Fernández; a curadora da exposición, Debora Álvarez; e o edil de cultura, Avelino Fernández; presentaron «As Letras de Florencio» LOLITA VAZQUEZ

«As Letras de Florencio» estará desde o sábado no centro cultural Avenida

15 dic 2017 . Actualizado a las 17:48 h.

O sábado ás oito da tarde, no centro cultural Avenida da Rúa de Valdeorras abrirá a exposición As Letras de Florencio Delgado Gurriarán. «Son 25 paneis sobre a súa vida e a súa obra», explicou o alcalde rués, Luis Fernández Gudiña, na presentación. «Esperamos que co esforzo de todos, e opoñendo todos un pouco da nosa parte, conseguimos un día das Letras para Florencio Delgado Gurriarán», apuntou o concelleiro de Cultura, Avelino Fernández. A curadora, Débora Álvarez, avanzou que na mostra están tamén os manuscritos (dixitalizados) do autor. Estará aberta de 16.30 a 19.30 horas, ata o 7 de xaneiro.