A Marea reivindica dende Trives plans provinciais para o rural

La Voz

A POBRA DE TRIVES

cedida

O obxectivo dos mesmos sería suplir as carencias que se dan na actualidade

12 may 2019 . Actualizado a las 14:33 h.

A campaña das municipais levou aos candidatos da Marea ata Trives, espazo dende o que reivindicaron a posta en marcha de plans provinciais que suplan as carencias do rural en materia de transporte e garderías. Luís Villares estivo en Trives e Manzaneda para conservar co candidato de Son de Trives-En Marea, Jorge Vázquez, e o alcalde e candidato á reelección de Son de Manzaneda-En Marea, Félix Domínguez. No encontro tamén participou o deputado autonómico Davide Rodríguez. Villares sinalou que En Marea aposta por impulsar plans municipais que suplan as carencias que afectan ao rural galego. Denunciou os problemas que a poboación de numerosas vilas e lugares padece cada día para poder desprazarse, traballar ou conciliar obrigas laborais e familia e reivindicou concellos que se impliquen activamente para mellorar a calidade de vida da veciñanza e que compensen a falta de iniciativa da Xunta de Galicia a ese respecto.