Xesús Vázquez e Tomás Vega Pato volven ao Simeón

La Voz

A GUDIÑA

IAGO VIANA

O pintor ourensán afincado en Santander abre esta tarde o proxecto «Hinterland»

25 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe e mañá • 20.00 horas (inauguración) • Centro Cultural Marcos Valcárcel • O espazo de arte da Deputación de Ourense anova a súas propostas e faino cos dous proxectos asinados por creadores cunha ampla traxectoria profesional: Xesús Vázquez e Tomás Vega Pato.

 

O pintor Xesús Vázquez (Pentes, A Gudiña, 1946) é un dos artistas con maior proxección da provincia. Afincado dende hai décadas en Santander, ten desenvolvido mostras artísticas na súa cidade e a Deputación acolleu propostas hai uns anos. Conta con obras nos museos máis destacados do Estado, do IVAM ao Reina Sofía, e en prestixiosas coleccións europeas. Orixinais seus formaban parte da mostra que Abanca e Afundación tiveron na Cidade da Cultura ata hai unhas semanas e tamén protagonizou algunha das exposicións do Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela. A inaguración de «Hinterland» é esta tarde, ás 20.00 horas.

E mañá regresa á oferta artística da cidade, e a un espazo no que xa ten exposto, Tomás Vega Pato. Desta volta o Centro Cultural da Deputación de Ourense ofrecerá una mostra antolóxica na que o veterano fotógrafo inclúe unha selección dos traballos desenvolvidos ao longo de décadas: desde as súas coñecidas e premiadas fotos da comunidade cisterciense de Oseira aos seus retratos ou ás súas inquedanzas etnográficas e de natureza.