Foi condenada a case 150 anos de prisión por asasinar a tres anciás. Puideron ser oito. Toda unha asasina en serie cun modo de actuar definido: gaña a confianza de mulleres maiores que pasan tempo soas, consegue entrar nas súas vivendas e logo asfíxiaas. Pechala nun cárcere non é maxia, non reinserta. Evítanse mortes porque se separa a agresora das posibles vítimas. Pero, que vai pasar cando teña a oportunidade de volver achegarse a outro obxectivo?
Este é o caso de Remedios, que non ten remedio. Cumpría condena nun cárcere en Galicia. Comportouse sen provocar altercados e foi gañando permisos de saída. Ante 140 anos de pena, cesións para andar pola rúa. E pasou que reincidiu. En canto tivo a oportunidade, achegouse a outra anciá, fixo que confiase nela e asasinouna. Nun principio pensaron nunha morte natural, pero logo de pequenas indagacións, Remedios foi apresada como investigada no mesmo cárcere. É unha imaxe estraña. Unha criminal cunha condena que supera de longo o século, apresada no cárcere por cometer un asasinato fóra do mesmo. Como non van estar asustados nunha aldea de A Bola cando se lles incorpora como veciño un asasino que tamén cometeu tres crimes? O seu comportamento tras as reixas foi exemplar pero... e cando teña outro obxectivo? Levaremos as mans á cabeza?