Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre ofrecen este sábado «máis que un concerto» en Celanova

La Voz

OURENSE

Actuación de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre.
Actuación de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre. Xoán Carlos Gil

O grupo actúa no claustro do mosteiro cun espectáculo musical cunha posta en escea poderosa

19 sep 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 20.00 horas • 24,20 euros (ataquilla.com) • Claustro Barroco de Celanova • Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre chega a Celanova cun espectáculo que se presenta como un ritual en vivo. Se no 2025, o Día das Letras Galegas dedicouse ás cantareiras e á poesía oral, neste ano Xabier Diaz & Adufeiras do Salitre continúan espallando ese tesouro, reivindicando a dignidade e a forza das avoas que gardan a memoria e a esencia da nosa terra. Xabier Díaz leva tres décadas na música e catro discos publicados con Adufeiras de Salitre, coas que comparte proxecto desde o 2014. Anteriormente formou parte de Xacarandaina e Berrogüetto, completando una longa e destacada traxectoria como percusionista e, especialmente, como pandereteiro. O que ofrecen esta tarde en Celanova, sinalan que é algo máis que un concerto, é un torreiro onde as cancións de todas esas mulleres cobran nova vida. A festa conta cunha posta en escea poderosa e coa música totalmente en directo. A formación xa ofreceu 450 concertos polo mundo adiante batendo o coiro. As entradas para o concerto tamén se poden adquirir na Oficina de Turismo de Celanova.