A biblioteca persoal de Xesús Alonso Montero poderase consultar na web da Deputación de Ourense

La Voz OURENSE

OURENSE

Sheila Sánchez Cabo, da empresa Anayta, é a encargada de catalogar a biblioteca persoal de Xesús Alonso Montero, comprada pola Deputación de Ourense.
Sheila Sánchez Cabo, da empresa Anayta, é a encargada de catalogar a biblioteca persoal de Xesús Alonso Montero, comprada pola Deputación de Ourense. Alberte Paz Garza

A institución provincial adquiriu os fondos, duns tres mil exemplares, no 2011 e está remantando os traballos técnicos de revisión e catalogación

12 ago 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

O traballo técnico de revisión e catalogación da biblioteca persoal de Xesús Alonso Montero, adquirida pola Deputación de Ourense, estanse rematando. A institución provincial posúe e custodia estes fondos desde o 2011. O intelectual galego denominara o seu arquivo literario co nome de «Alxam»; inclúe a documentación de uso persoal e os libros que tiña na súa biblioteca persoal. Tralo falecemento de Alonso Montero, estes fondos incrementáronse con 500 exemplares e carpetas con documentación.

Unha vez que rematen as labores de catalogación, a biblioteca estará disponible para a súa consulta por profesionais, investigadores e polo público en xeral. No arquivo de Xesús Alonso Montero hai traballos seus sobre os estudos que fixo sobre Castelao, Rosalía de Castro ou Curros Enríquez. Ademais, hai artigos xornalísticos, escritos da súa etapa política, ou de cando foi académico na RAG, institución que presidiu entre o 2013 e o 2017. Por elo, a Deputación considera que se trata duns fondos bibliográficos de gran interese para os estudosos da súa obra literaria. As consultas poderanse facer na web da Deputación (depourense.gal/gl/biblioteca) marcando o enlace «O noso catálogo».

A biblioteca da Deputación de Ourense, ademáis dos fondos do intelectual galego, tamén conta con outras 22 coleccións específicas doutros autores como Eduardo Blanco-Amor, Ben Cho Shey, Pura e Dora Vázquez, Manuel Albendea, Matilde Lloria ou do cronista da provincia, Benito Fernández Alonso, que repreenta o fondo local máis antigo de Ourense. O número de exemplares totais é de preto de 60.000 euros.