A Insua dos Poetas inaugura uns murais dedicados á Xeración Nós

LA VOZ OURENSE

OURENSE

Inauguración dos murais
Inauguración dos murais MIGUEL VILLAR

Desubriron os retratos de Losada Diéguez, Cabanillas, Castelao, Risco e Otero Pedrayo

09 may 2026 . Actualizado a las 10:03 h.

A Insua dos Poetas, situada en Madarnás no Carballiño, inaugurou onte un conxunto de murais dedicados á Xeración Nós. Esta iniciativa, impulsada polas fundacións Insua dos Poetas e Otero Pedrayo, rendeu homenaxe a estas figuras clave da cultura galega ao coincidir co 50 aniversario do pasamento de Ramón Otero Pedrayo. Descubríronse os retratos de Losada Diéguez, Cabanillas, Castelao, Risco e Otero Pedrayo, realizados por Roberto Otero, Diego As, Lidia Cao, Mon Devane e Iria Prol. A xornada contou cun carácter educativo grazas á participación de alumnos do IES Otero Pedrayo de Ourense e do CEIP Otero Pedrayo de Amoeiro, que integraron esta nova proposta dentro da Galería da Literatura Galega.