Xosé A. Touriñán propón un percorrido pola súa carreira

La Voz

OURENSE

Touriñán
Touriñán

O humorista galego estará co seu monólogo no Auditorio de Ourense

10 abr 2024 . Actualizado a las 19:17 h.

Día 12 • 20.30 y 23.00 horas • Auditorio de Ourense • A partir de 12 euros • Xosé A. Touriñán ten protagonismo en Ourense por partida dobre esta semana. Hoxe está na súa condición de ser un dos protagonistas da película «+ Cuñados» e o venres voltará para ofrecer dúas sesións do seu espectáculo «Aquí Tou!».

 

O coñecido humorista galego ofrece na súa nova proposta «un percorrido pola súa vida, dende a súa concepción, nunha noite de San Xoán, ata un posible epitafio». En «Aquí Tou!» o protagonista mestura realidade con ficción, anécdotas propias e aspectos da cultura popular galega para ofrecer un espectáculo «no que conta e representa partes da súa vida e se pregunta se as decisións que o levaron a ser quen é foron as correctas».