O Marcos Valcárcel acollerá unha clase maxistral do artista armenio Hovhannes Karakhanyan

La Voz

OURENSE

Curso de instrumentos musicais medievais no obradoiro da Deputación
Curso de instrumentos musicais medievais no obradoiro da Deputación Santi M. Amil

A actividade servirá como acto de peche do curso do Obradoiro de instrumentos antigos da Deputación de Ourense

30 mar 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acollerá o próximo martes, día 2 de abril, o acto de remate do curso 2023-2024 do Obradoiro de instrumentos da Deputación de Ourense. Na convocatoria incluirase un concerto didáctico e unha clase maxistral do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como «Duduk», instrumento con máis de 3.000 anos de antigüidade. Na convocatoria procederase á entrega de diplomas do curso que agora remata e que foi impartido por Manuel Brañas e Xosé Maceda.

Pola súa antigüidade e a súa historia o «Duduk» ten a consideración de obra mestra do Patrimonio Cultural Intanxible Mundial da UNESCO

Karakhanyan, artista recoñecido internacionalmente, adica a súa vida a dominar este instrumento e a transmitir os seus pensamentos e sentimentos a través del, difundindo a súa paixón polo «Duduk» a través de concertos, talleres e clases maxistrais por toda Europa.

A clase do artista armenio desenvolverase o día 2, de doce da mañá a seis da tarde, e ao remtar terá lugar o concerto de Hovhannes Karakhanyan. O comezo do mesmo está previsto para as sete e media. As dúas actividades, clase e concerto, son de entrada libre.