Unha revisión da terceira edición de «Aires da miña terra» de Curros Enríquez verá a luz este ano

La Voz OURENSE

OURENSE

A Deputación de Ourense publicará un facsímile da obra do autor de Celanova

16 ene 2024 . Actualizado a las 18:10 h.

A Deputación de Ourense está agora mesmo en proceso editorial para sacar á luz os libros aprobados no concurso de edicións e publicacións do ano 2023. Un deles é un facsímile da terceira edición corrixida e aumentada de Aires dá miña terra de Manuel Curros Enríquez, do ano 1886. Foi presentada pola fundación do autor de Celanova ao certame que o goberno provincial pon ao dispor do público en xeral e de entidades sen ánimo de lucro todos os anos. Ditas obras son valoradas por un consello asesor, que pon en valor a calidade da obra e o seu interese para a provincia, elixindo por consenso as que merecen ser editadas.  

Aires da miña terra ten unha calidade contrastada por ser o libro por excelencia dun dos grandes creadores literarios galegos. Contén un prólogo de Felipe Ferreiro e unha explicación dos motivos da súa publicación exposta por Antonio Piñeiro. Con este libro a Deputación, que xa editou no ano 2021 O cancioneiro do Miño. Lendas e tradicións de Ourense de Valentín Lamas Carvajal, ten agora a oportunidade de rescatar a outro dos responsables ourensáns do Rexurdimento Galego.. 

A terceira edición corrixida e aumentada de Aires dá miña terra poñerase á venda por medio das distribuidoras da institución provincial, Galaxia para Galicia e Alcantarilla para o resto de España. O libro terá un  prezo de 19 euros.