
O xurado deu a coñecer as nove propostas seleccionadas para a próxima edición
14 dic 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Xa hai participantes no Festival de Xardíns 2024 de Allariz. O xurado encargado de seleccionar as propostas anunciou onte os proxectos escollidos. Dos nove máis da terceira parte son iniciativas que chegaron dende a cidade madrileña —as intervencións El jardín de Monet, Pop art garden, Jardín cubista y El jardín al revés— e dúas teñen orixe galega: A cuadratura do círculo é ourensá e A arte de Mallo coruñesa. A presenza internacional chegará coas propostas recibidas de Portugal, Ecuador e Austria. The art gallery, Travesía estelar e Step into a work of art —por esa orde—son os proxectos que se poderán ver no Festival de Xardíns, que se celebrará de maio a outubro. Á convocatoria deste ano, co título O xardín é unha obra de arte, chegaron trinta e seis propostas.
Francisco García, director do festival, e Francisco Caldeira, presidente do xurado, salientaron a calidade dos proxectos recibidos e a consolidación da internacionalidade da iniciativa. O xardín gañador do 2023 e o que conseguiu o recoñecemento técnico manteranse un ano máis.