
A cita será os días 28 e 29 no Aguillón
26 jul 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Venres 28 e sábado 29 • O Aguillón da Rúa de Valdeorras • A provincia de Ourense suma un novo festival. Chamado «A Rúa Vive!» vivirá a súa primeira edición esta fin de semana. No Aguillón daranse cita varios pinchadiscos. «Busca lembrar aqueles anos de música disco que lle deron tanta vida á noite ruesa e ao mesmo tempo poñermos no presente coa música que triunfa entre as novas xeracións», din desde a organización, formada polos locais TB, O Cuatro e Bravo Lux, con apoio do Concello.
A apertura das portas será o venres ás 21.30 horas. Esa noite será para os pinchadiscos da contorna, coa presenza de Sergito, Iván Tato, Karayán e Tariro. De fóra virán Luismi e Tuxiro, este último residente na discoteca Pelícano da Coruña.
O sábado será o momento para recordar os temas dos anos oitenta, os noventa e os dousmil. Pincharán Karayán, DJ Repunante, Chack Crespo e Diego Alo; ademáis de Motto, Frisco e Marcos Peón, que prsentará o seu espectáculo guateque «Yo lataba en EGT».
A entrada por días custa de 15 euros (que inclúe unha consumición) mentres que o abono ten un prezo de 25 euros (leva dúas consumicións).