Luar na Lubre actúa en Trives para celebrar as Letras Galegas

La Voz OURENSE

OURENSE

Presentación da iniciativa do CCA O Barco cos centros educativos
Presentación da iniciativa do CCA O Barco cos centros educativos Cedida

O CCA de O Barco pon en marcha unha campaña con distintos centros educativos da comarca de Valdeorras

12 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Trives festexa as Letras Galegas cun concerto de Luar na Lubre. Será este sábado na rúa San Martiño, a partir das 20.00 horas. O domingo, Sarabela Teatro interpretará «Arraianos», ás sete da tarde no auditorio. O propio día 17 actuará o Orfeón Trives á mesma hora e no mesmo lugar. Os do fondo da barra percorrerán as rúas da vila para poñer a música dende as 12.30 horas. Para o 19 de maio programouse a proxección da película Valentina, ás 11.30 horas no mesmo escenario; e o día 23, ás 18.30 horas, agárdase o espectáculo de narración oral para maiores de 3 anos e familias que leva por título Bailar nas nubes

O Centro Comercial Aberto de O Barco únese aos centros educativos deste municipio, de Rubiá e de Sobradelo para celebrar o Día das Letras Galegas. Os establecementos que participan na campaña, un total de 39, amosarán nos seus escaparates cartas do autor homenaxeado, Francisco Fernández del Riego, decoradas polo alumnado dos centros. Os cativos da comarca poderán realizar unha xincana buscando as cartas e selando un folleto en cada un deles, dende o 10 ao 31 de maio. Entre tódolos participantes sortearase un vale de compra de 50 euros para investir nas librarías do CCA.