O escritor Francisco Castro e a ilustradora Elena Andrés recollen o Premio Pura e Dora Vázquez en Ourense

La Voz OURENSE

OURENSE

Foto de familia con los premiados de esta edición, Francisco Castro y Elena Andrés
Foto de familia con los premiados de esta edición, Francisco Castro y Elena Andrés Cedida

Os autores recibiron o galardón nun acto que acolleu o colexio Luis Vives

10 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O colexio Luis Vives acolleu este luns en Ourense o acto de entrega dunha nova edición do Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Pura e Dora Vázquez. Os gañadores deste ano son o escritor e editor Francisco Castro polo seu libro Xoán, Xoana e a ilustradora Elena Andrés, que coas súas láminas puxo imaxes á obra galardoada. No acto de entrega dos premios participaron o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández; a deputada provincial de Cultura e presidenta do xurado, Patricia Torres; o xefe territorial de Cultura e Educación, Jorge Sampedro; e a directora do Luis Vives, Iria Vence.

O galardón está dotado con 1.500 euros para cada modalidade e ten como obxectivo fomentar a lectura no público máis novo, así como recoñecer o traballo de autores literarios e artísticos, unindo na obra premiada estas dúas disciplinas creativas. Francisco Castro (Vigo, 1966) é cronista cultural en varios medios galegos e na actualidade dirixe a Editorial Galaxia. Na súa traxectoria como escritor xa foi distinguido con diversos galardóns, como o Premio Frei Martín Sarmiento por Un bosque cheo de faias e recibiu o Blanco Amor de novela longa con Spam, entre outros recoñecementos. 

Elena Andrés (Ourense, 1997) vén de rematar os estudos na Escola Antonio Faílde e se atopa nestes momentos preparando diversos traballos profesionais.