«El borracho baboso»

María Cobas Vázquez
María Cobas DESDE O OUTEIRO

OURENSE

Bob Pop en la gala de los premios Feroz.
Bob Pop en la gala de los premios Feroz. Eduardo Parra | EUROPAPRESS

31 ene 2023 . Actualizado a las 10:32 h.

Vino tres veces a intentar comerme la boca sin mi permiso mientras yo le esquivaba como podía». A frase é de Bob Pop pero seguro que a moitos e, sobre todo a moitas, lle soa coñecida. Porque viviu a situación ou porque coñece a quen a pasou. Unha vez. Dúas. Tres. Unha ducia de noites. E continúa cunha frase que tamén soa familiar —No pensé que eso podía denunciarse— para rematar con outra igual de lapidaria: «Me ha tocado mi cuota de borracho baboso que te toca en todas las fiestas». Como se fose un prezo a pagar por saír de copas, aguantar a borrachos como paso previo ao medo de ir soa pola rúa. Porque segue a pasar, que hai quen cre que pode ser un baboso e que non pasa nada. Estou segura de que na cabeza de moitas (e vou pasarme ao feminino cun uso xenérico) nunca quedou a idea de denunciar por temor a que non as tomen en serio. «¿Poñer unha denuncia porque che toquen o cu?, que esaxeración», seguro que pensan algúns. Non. A denuncia non é por tocar un cu. É por tocar un cu que non quería que o tocases. Ou unha teta. Ou o que sexa. Porque hai que seguir insistindo en que o importante é que haxa consentimento. Porque se é o que quere, como se lle tocan o cu 500 (é o seu cu e fai con el o que queira). Pero se non o hai, entón daquela si que non. E debería denunciarse. «Vai colapsar aínda máis a xustiza», dirán outros, que verán as denuncias como un problema en lugar de ver que o problema son as agresións. Úrxeme. Eu non quero ter que dicirlle á miña filla que se protexa. Quero que vós lle digades aos vosos fillos que respecten aos demais.