«Inventio» propón humor, misterio e fantasía para abrir o Nadal de Ourense

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

MIGUEL VILLAR

O espectáculo poderase ver os días 2 e 3 de decembro no Auditorio

29 nov 2022 . Actualizado a las 10:48 h.

O Auditorio Municipal de Ourense acollerá esta fin de semana, os días 2 e 3 de decembro, o espectáculo familiar Inventio. Unha proposta na que se dan cita o circo, a maxia e a danza e que servirá para inaugurar a tempada de Nadal na cidade. O proxecto foi presentado no propio escenario onde se poderá ver esta semana e no acto participaron Armando Ojea, tenente de alcalde do Concello de Ourense; Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación; Gabriel Alén, delegado da Xunta; Martín Varela, director creativo do espectáculo e Susan Santos, da Fundación la Caixa.

Segundo salientou Martín Varela, Inventio é unha proposta escénica cunha historia atractiva na que se mesturan o seu grande atractivo cultural, a fansía e a maxia «espectacular e apetecible na que prima a calidade», sinalou. Concebido como un proxecto para toda a familia, a proposta que se pode ver esta fin de semana en Ourense —o día 2 ás 20.00 horas e o 3 con sesións ás 17.00 e 20.30 horas— reborda humor, misterio e fantasía, ao tempo que mestura con solvencia a comedia e o drama. No Auditorio representou un dos números que se poderán ver no espectáculo. As entradas —entre os 15 e os 25 euros, máis gastos— están a disposición en ataqulla.com.