A emigración como un dos argumentos narrativos

La Voz OURENSE

OURENSE

Santi M. Amil

A Fundación Risco organizou un encontro para analizar a presenza das historias de emigrados na literatura

14 oct 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A emigración marcou a vida e a historia de moitas familias galegas. Coas súas luces e as súas sombra, con relatos de éxito persoal e episodios de escasa fortuna. Dende a Fundación Vicente Risco quixeron abordar unha realidade que hai tempo conta con presenza por dereito propio: as historias e o protagonismo do fenómeno da emigración na literatura galega. «Son moitas as obras vencelladas a esa realidade, e un gran número de títulos, e decidimos convidar a catro autores para manter un encontro sobre a presenza desa realidade na narrativa», señaló Xosé Rodríguez, secretario de la Fundación. María Xosé Porteiro —«Sándalo»—, Bibiana Candia —«Azucre»— e Xabier Paz —«A barcelonesa»— participaron na iniciativa. Moderou Celia Pereira, presidenta da Risco.