As adegas Terras de Bendaña, da Ribeira Sacra, e Celme, do Ribeiro, recoñecidas pola súa aportación a prol do galego

La Voz OURENSE

OURENSE

Os responsables de Adegas Celme nunha imaxe de arquivo
Os responsables de Adegas Celme nunha imaxe de arquivo Agostiño Iglesias

A Asociación Álvaro das Casas entregará o próximo 15 de outubro os premios Bacelo de Prata que chegan á súa edición número catorce

18 sep 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A asociación Álvaro das Casas, que preside Avelino Muleiro, reuniu ó xurado para valorar as propostas presentadas á edición número catorce dos premios Bacelos de Prata. Os premios, que se entregarán o próximo 15 de outubro nun acto en Esposende (Ribadavia), recoñecen a dúas bodegas. Unha é Terras de Bendaña, da Ribeira Sacra lucense, pioneira no uso da lingua galega na etiquetaxe do seu viño. O xurado destacou na acta o traballo que realizan os seus propietarios en prol da recuperación da etnografía da zona coa creación dun centro que é unha homenaxe ás paraxes da ribeira chantadina. Por outra banda tamén foi recoñecida a empresa Adegas Celme, do Ribeiro, un proxecto de dous emprendedores que decidiron facer da recuperación do agro o seu proxecto de vida. Etiquetan os seus produtos exclusivamente en lingua galega. O xurado destacou que se trata dunha iniciativa fundamental para fixar poboación no rural e evitar a despoboación do interior de Galicia.