O martes 12 estará no Barco a agrupación teatral Furafollas coa obra Movendo os marcos, protagonizada por Anxo Baranga e Branca Cotado, valdeorreses afincados en Barcelona que reflexionan con humor sobre os problemas da Galicia do noso tempo. O día 13, Eugenia Manzanera presentará De amor y de muerte, unha sucesión de historias nas que morre alguén (de maneira tráxica, pero tamén cómica ou apaixonada). Pechará o décimo De Perto o humor de Talía Teatro. Toño Casais e Artur Trillo representarán A parábola do angazo, unha comedia arredor da lingua e os seus usos.
Todos os espectáculos comezarán ás 20.30 horas agás o último, previsto para as 22.30. A entrada é de balde.