Os ganadores do premio ourensán sobre o Estatuto de Autonomía visitan o Parlamento galego

La Voz OURENSE

OURENSE

Os alumnos foron recibidos polo presidente, Miguel Santalices, e por representantes de todos os grupos políticos.
Os alumnos foron recibidos polo presidente, Miguel Santalices, e por representantes de todos os grupos políticos. CEDIDA

O presidente, Miguel Santalices, recibiu a alumnado de tres centros educativos da provincia

07 jun 2022 . Actualizado a las 13:05 h.

O alumnado ganador da novena edición do Premio Estatuto de Autonomía de Galicia, organizado pola Deputación ourensá, tivo este luns a oportunidade de coñecer o Parlamento de Galicia. Os estudantes, que pertencen aos colexios Franciscanas, María Inmaculada de Verín y Padre Feijoo Zorelle, foron recibidos polo presidente da Cámara, Miguel Santalices.

Este recordou as catro décadas da autonomía de Galicia, «un éxito colectivo que é consecuencia directa do pacto constitucional que asentou a democracia e do posterior Estatuto».