Vázquez Taín: «Estas xornadas son espectaculares e o nivel é extraordinario»

La Voz

OURENSE

cedida

O coordinador do encontro de Verín incide na importancia da interconexión entre os diferentes actores vencellados á novela negra

04 jun 2022 . Actualizado a las 09:26 h.

Hoxe • De 18.00 a 20.40 horas • Auditorio de Verín • Logo do encontro cos alumnos da vila co excomisario Enrique León e as diferentes conferencias do primeiro día, as Xornadas de Novela Negra celebran a súa segunda e última entrega. As conferencias comezarán ás 18.00 horas coa intervención do profesor Xoaquín Fernández Leiceaga titulada «A atracción da escritura dunha novela negra». Logo intervirá o escritor Alejandro Corral para falar de «Enigmas, misterios e rarezas no Prado e no mundo da arte». Será a partir das 18.30 horas.

Arantza Portabales presentará ás 19.00 horas a súa ponencia «Como se destrúe unha novela» e ás 19.40 horas haberá unha mesa redonda con todos os ponentes que será moderada por Rafa Cid. Ao rematar, os autores asinarán os seus libros. Para Vázquez Taín, coordinador desta edición, a iniciativa de Verín é modélica e exemplar: «Estas xornadas son espectaculares e o nivel é extraordinario. A decisión de xuntar policías, xuíces, forenses e escritores, entre outros, é un acerto porque hai un diálogo entre todas as partes vencelladas á novela negra».