O persoal do hospital de Valdeorras únese á celebración das Letras Galegas

La Voz OURENSE

OURENSE

Parte dos traballadores que participaron no vídeo de homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán.
Parte dos traballadores que participaron no vídeo de homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán. CEDIDA

Os traballadores de distintos departamentos participan nun vídeo recitando versos de Florencio Delgado Gurriarán

15 may 2022 . Actualizado a las 11:47 h.

Valdeorras está vivindo con moita intensidade a celebración das Letras Galegas, dedicadas este ano a un dos seus veciños máis ilustres, Florencio Delgado Gurriarán. O persoal do hospital comarcal quixo unirse á festa cun vídeo de homenaxe que foi difundido a través das redes sociais do Sergas en Ourense.

Nel aparecen traballadores de distintos departamentos recitando versos de Delgado Gurriarán. Hai empregados de administración, de enfermería, medicina, técnicos de laboratorio e de mantemento, celadores ou equipos de emerxencias sanitarias. «Toda Valdeorras está unida este ano na celebración do Día das Letras Galegas, por fin, despois de moitos anos de apoio e espera, dedicado a Florencio Delgado Gurriarán, escritor, poeta, editor e tradutor nado en Córgomo, no concello de Vilamartín, en 1903, apaixonado da cultura galega e de Valdeorras, que levou como bandeira e protagoniza os seus poemas», din desde o Sergas.