Xornada mundial de oración polas vocacións

José Pérez Domínguez NO ATRIO

OURENSE

08 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Neste domingo a Igrexa celebra a xornada mundial de oración polas vocacións. co lema «Deixa a túa pegada, e sé testemuña» A primeira xornada mundial de oración polas vocacións tivo lugar o domingo do Bo Pastor do ano 1964. Foi o papa san Paulo VI, cando, en pleno concilio Vaticano II, en radio mensaxe, rezaba: «Xesús, divino Pastor das alamas, que chamaches aos apóstolos para facelos pescadores de homes, atrae tamén as almas ardentes e xenerosas dos mozos e mozas, para facelos seguidores teus...». Dende entón, esta celebración ten lugar no cuarto domingo de pascua e convértese nunha chamada ao seguimento do Señor, que coa súa resurrección fai novas tódalas cousas.

O papa san Xoán Paulo II, na audiencia xeral do domingo do Bo Pastor no ano 1979 parafraseaba a san Agostiño, dicindo: «Deus queira que non nos falten bos pastores na Igrexa. Lonxe de nós a súa ausencia e que a misericordia divina non deixe de facelas crecer e medrar. En verdade, se hai boas ovellas, haberá sempre bos pastores...».

Durante estes cincuenta e nove anos a Igrexa vai afondando na chamada do Señor e recórdanos que toda vocación ten en Deus a súa fonte e a súa orixe. O papa Francisco, no rezo do Regina Coeli do domingo do Bo Pastor do ano 2021, recordábanos que Xesús é o Bo Pastor, que «defende, coñece e ama ás súas ovellas, e quere que todas poidan recibir o amor do Pai, pois “quen permanece no amor permanece en Deus e Deus nel”. A Igrexa fainos unha chamada forte para levar adiante a misión do Señor«.