A sexta edición do concurso literario de Xinzo repartirá 2.000 euros en premios

La Voz OURENSE

OURENSE

Imagen de los premiados de una edición pasada
Imagen de los premiados de una edición pasada CEDIDA

Os alumnos do municipio xa poden presentar os seus textos, inéditos e en galego, ao certame Carlos Casares 

13 abr 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A sexta edición do concurso infantil e xuvenil de narración curta Carlos Casares xa está en marcha. A iniciativa que organiza a Concellería de Cultura de Xinzo repartirá case 2.000 euros en premios, que serán vales para mercar nas librarías do municipio. Outorgaranse dous galardóns en cada unha das sete categorías (unha para os cursos de infantil; tres para os diferentes ciclos de primaria; dúas para os de secundaria e unha para os alumnos de bacharelato en adiante). Os alumnos que queiran participar teñen que presentar un relato escrito inédito en lingua galega e envialo ao correo cultura@xinzo.gal, sin especificar o seu nome. Os gañadores daranse a coñecer o Día das Letras Galegas.