A música de Luar na Lubre achegou a maxia das historias dos peregrinos a Ourense

La Voz

OURENSE

Miguel Villar

A banda liderada por Bieito Romero ofrece este sábado o segundo dos concertos de «Vieiras e vieiros. Historias de peregrinos»

14 ene 2022 . Actualizado a las 22:23 h.

Hoxe • 20.30 horas • Teatro Principal • A partir de 15 euros • Luar na Lubre comezou a súa programación de concertos para o 2022 este venres e para abrir a temporada a banda coruñesa escolleu como escenario o Teatro Principal de Ourense. A formación liderada por Bieito Romero deu a coñecer no seu concerto os temas do seu último proxecto: o álbum titulado «Vieiras e vieiros. Historias de peregrinos».

 Desta volta a formación musical máis emblemática do folk galego, que levan desenvolvendo o seu proxecto dende o ano 1985, centrou o seu interese e a súa mirada nas historias que foron quedando documentadas ao longo dos séculos das experiencias dos peregrinos a Compostela. Xentes que en moitos casos seguían logo camiño cara a Fisterra ou Muxía. Son catorce historias que van dende a máis antiga conservada, que figura no Códice Calixtino, ata lendas como a da cidade asulagada. Luar na Lubre está formada por Bieito Romero, Irma Macías, Nuria Naya, Patxi Bermúdez, Pedro Valero e Xavier Ferreiro. Esta tarde poderase gozar do segundo dos concertos.