Pictogramas para coñecer a vida de Florencio Delgado Gurriarán

La Voz

OURENSE

Florencio Delgado Gurriarán
Florencio Delgado Gurriarán cedida

A editorial Galaxia publica unha biografía do escritor ourensán dentro da colección Lectura fácil

09 nov 2021 . Actualizado a las 18:33 h.

A editorial Galaxia vén de publicar o libro «Florencio Manuel Delgado Gurriarán. Un legado infindo», segunda publicación dentro da colección Lectura fácil. A autora, Lucía Gómez Álvarez, preparou unha obra con pictogramas para explicar de xeito sinxelo e accesible para todo o mundo quen foi o homenaxeado con Día das Letras Galegas 2022. A través desta obra ilustrativa, calquera pode coñecer e comprender a figura do escritor, avogado e poeta de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras, 1903). O libro repasa a súa etapa no Partido Galeguista e a súa actividade no exilio americano.

A publicación desta obra contou co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Segundo a editorial Galaxia, este formato é unha aposta para que «todo o mundo poida ler e nutrirse de grandes obras» coa axuda dos pictogramas. A primeira publicación nesta colección de lectura fácil foi «20.000 leguas baixo dos mares».