O Festival Internacional de Ourense levou o teatro ata o mercado cunha compañía lusa

La Voz OURENSE

OURENSE

Santi M. Amil

Unha parella de vellos moi simpática visitou á praza de abastos o sábado, hoxe a cita é coa danza no Principal

17 oct 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Os portugueses Boca de Cão levaron onte o teatro ao mercado de Ourense, un espazo no que estes actores convertidos en marionetas non desentoaban en absoluto. O feito é que esta compañía participou no Festival Internacional de Teatro (FITO) con dous vendedores ambulantes, Agostinho e Felicidade, que lle dan nome ó espectáculo. Son dous velliños que levan tanto tempo xuntos que xa se parecen entre eles ata fisicamente, como lle confesaron a algúns dos nenos cos que se encontraron no seu percorrido pola praza de abastos. Entre os postos de comida recoñeceron que a ela lle gusta o queixo e a el o xamón, ca desgraza de non ter xa dentes para comelo. O teatro de rúa completouse con Artesacía e As illas desertas e con Paula Malik, que repetiu, pero cambiando Barbadás polo Liceo de Ourense.

Hoxe tócalle o turno á danza, cunha cita prevista para as sete da tarde no Principal (entradas a 8 euros, unha hora antes no teatro ou a través de ataquilla.com). A compañía Furia Sotelo representará o espectáculo Mortais e vulnerables.