A exposición «O significado de Nós», na Praza 200 ata o 31 de octubre

La Voz OURENSE

OURENSE

Faladoiro sobre a Xeración Nós na Praza 200
Faladoiro sobre a Xeración Nós na Praza 200 CEDIDA

A mostra itinerante foi presentada cunha charla sobre o legado da xeración

24 sep 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A exposición itinerante sobre a Xeración Nós organizada pola Fundación Vicente Risco en colaboracion co Concello de Ourense estará ata o próximo día 31 de outubro na Praza 200, situada nas vivendas sociais xunto á antiga estación de autobuses. A iniciativa conta coa colaboración da Asociación Veciñal As Termas e da Asociación Vía Vella de Ponte Canedo. A presentación da mostra tivo lugar cun faladoiro ao aire libre sobre o legado de Nós aproveitando o espazo peonil da praza do barrio.