Presentación en Ourense do Premio Galicia de Patrícia Barbosa

La Voz

OURENSE

Patricia Barbosa fue la ganadora del Premio Galicia de Fotografía
Patricia Barbosa fue la ganadora del Premio Galicia de Fotografía Santi M. Amil

A artista portuguesa centra o seu ensaio fotográfico no pasado colonial do seu país

22 sep 2021 . Actualizado a las 19:23 h.

O Outono Fotográfico mantén dende hai uns anos unha convocatoria única no seu xénero que se ten convertido nun referente na península: o Premio Galicia de Fotografía. A convocatoria recoñece un proxecto dos presentados a concurso organizando unha mostra co traballo e editado unha publicación coas imaxes do mesmo. O editor do libro e presidente da Asociación Outono Fotográfico, Xosé Lois Vázquez; o coordinador do premio, Vítor Nieves; a artista galardoada, Patrícia Barbosa, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presentaron a publicación deste ano na galería Photo Art. «Prova» recolle as imaxes do ensaio fotográfico do mesmo título co que Patricia Barbosa gañou o Premio Galicia de Fotografía. O representante de Cultura salientou a calidade do traballo da artista portuguesa «que repasa o pasado colonial do país veciño a partir de historias de ex militares».