A MIT pecha as actividades coas obras de Vol' e Temps e Manolo Alcántara

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Santi M. Amil

A Madalena acollera un encontro de actores e dramaturgos de Galicia e Portugal

25 jul 2021 . Actualizado a las 15:36 h.

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia bota o pano e faino cunha xornada cargada de actividades. Pola mañá a cita é na igrexa da Madalena e a convocatoria é DraMITurgia. Dende as 12.00 horas haberá neste espazo cultural lectura de textos teatrais e votación do público. Contarase coa presenza de autores, actores e dramaturgos de Galicia e Portugal. Pola tarde e a noite as citas serán na Alameda (21.00 horas) e o auditorio Rubén García, no castelo de Ribadavia (23.00 horas). No primeiro dos escenarios estará a compañía Vol’ e Temps coa súa montaxe Distans e no castelo pechará a MIT 2021 o espectáculo Déjà vu, do grupo catalán Manolo Alcántara. A obra que se poderá ver no auditorio «fala da distancia entre unha persoa e os seus soños, do que é e do que lle gustaría ser». Logo haberá un encontro sobre o novo circo.