Deputación de Ourense e Academia Galega do Audiovisual desenvolverán proxectos conxuntos

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Reunión da Academia e a Deputación
Reunión da Academia e a Deputación Alberte Paz Garza

A cidade acollerá no 2022 a celebración dos 20 anos da Academia

22 jul 2021 . Actualizado a las 13:41 h.

A Deputación de Ourense e a Academia Galega do Audiovisual desenvolverán proxectos conxuntos nos próximos anos. Unha colaboración que se presume como «intensa e permanente», segundo sinalou o presidente provincial. Na xuntanza mantida no organismo participaron José Manuel Baltar e o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar, e por parte da Academia estiveron Álvaro Pérez e Miguel Mariño, presidente e director respectivamente, e os directivos Saamira Ganay e Xavi Font.

No 2022 a Academia celebrará en Ourense o seu 20 aniversario, e no 2023 a institución entregará na cidade os premios María Luz Morales.

Baltar sinalou que a colaboración coa Academia Galega do Audiovisual incide na aposta da Deputación por converter á provincia de Ourense nun plató de rodaxe e na potenciación do sector audiovisual.