Falar por non estar calados

José Pérez Domínguez NO ATRIO

OURENSE

27 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Chegamos a finais do mes de san Xoán. O curso foi largo e duro. Entre o covid-19, as tarefas de cada día e o estrés político que nos están facendo vivir, temos ganas de vacacións, de cambio de vida, de descanso mental, sobre todo. Queremos pasar de todo en moitos dos casos, pero non nos deixan. Entre o pesado do presidente Sánchez con toda a súa comandita e os partidos da oposición, cos seus portavoces, nonos deixan en paz e raianos a cabeza, como di a mocidade de hoxe.

Antes eran as homilías da pandemia, agora son os lavados de cerebro dos indultos, máis logo serán as mascaras e as vacinacións que chegan ao porcentaxe desexado ou non chegado. Verdadeiramente compre moita paciencia para aguantar tal bombardeo.

Verdadeiramente, mirando para atrás, todo nos parece una pantomima: macro xuízo televisado para demostrarlle aos estranxeiros que a nosa xustiza é cabal. ¡Que ridículos! Europa rise de España e de toda a súa xudicatura. A cousa empezou pola petición de extradición do ex-presidente Puigdemont e a negativa europea a cumprir a súplica. Ninguén lles fixo caso: Alemaña, Bélxica, Francia… Agora, a sentencia contundente do tribunal supremo sométese a tódalas críticas por una mala definición de sedición, rebelión… ¿Quen se entende aquí?