O PSOE pregunta no Parlamento pola retirada da candidatura da Ribeira Sacra

La Voz

OURENSE

Panorámica de la Ribeira Sacra en la zona de los viñedos de Doade tomada el pasado octubre desde el mirador de As Penas de Matacás
Panorámica de la Ribeira Sacra en la zona de los viñedos de Doade tomada el pasado octubre desde el mirador de As Penas de Matacás ALBERTO LÓPEZ

Os socialistas queren que o Goberno aclare que conclusións se tiraron do proceso

24 jun 2021 . Actualizado a las 14:02 h.

Os deputados autonómicos do PSOE Noa Díaz Varela e Luís Manuel Álvarez Martínez rexistraron unha pregunta no Parlamento de Galicia en relación á retirada temporal da candidatura da Ribeira Sacra ante a Unesco. Os socialistas emprazan ao Executivo a que aclare «Que leccións cre o Goberno galego que cómpre extraer do fracaso da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade?».

Dende as filas socialistas lembran que se foron promovendo acordos, entre eles a declaración de BIC da zona, para que a Ribeira Sacra optase a se converter en Patrimonio da Humanidade da Unesco e que a Xunta de Galicia optou por un «aprazamento estratéxico» do último paso para solicitar a declaración logo do informe negativo elaborado por Icomos. En base ao sucedido o PSOE amosa a súa preocupación e considera que se debe reformular a estratexia de cada ao futuro. Sobre a situación creada e as accións a desenvolver é sobre o que queren un pronunciamento do Goberno galego.